Mostrando postagens com marcador 2ª xornada. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador 2ª xornada. Mostrar todas as postagens

31 de out. de 2010

Luís de Bateas gaña na segunda xornada da Conferencia Bezouqueira

Mugardos.- A loita de palanadores/as na segunda xeira da franquía do norte da Coruña deu lugar á seguinte clasificación:
CLASIFIC FINAL 2ªX
1º Luís Bateas
2º Miro
3º Iago
4º Ana L

A final foi un duelo entre Bateas e Os Cernadas e rematou co máximo galardón a prol dos Bateas. Nesta xeira Kiko, do Festifolk, estreou o primeiro varado da tempada coa súa primeira carreira, ao que non se fixo agardar unha resposta de Xosé Rodiño que lle empatou na clasificación de varados minutos despois.
Atención á clasificación xeral individual onde se produciron mudanzas importantes como por exemplo a forte gabeada de Ramón Anido para o terceiro posto, mentres aínda quedan, sen ameazas inmediatas, os irmáns Rodiño na cabeza da táboa. Na xeral dos equipos deuse unha volta no segundo e terceiro postos ao recuperárense Os Cernadas grazas ás boas posicións de Miro e Iago pero seguidos moi de preto polo non menor agapeo do Festifolk, liderado polo palanador Fran Anido.
Atentos entre mañá e o luns martes aos comentarios no programa Gz-Varados de Tele_varal, que podedes ver no lado dereito deste blog (Live). Así mesmo, resultou un orgullo para a nova franquía bezouqueira acoller a retransmisión en vivo e en directo da xeira no pavillón do Cristo de Mugardos para todo o mundo mundial a través da canle Tele_varal na Rede, velaí vai a gravación:

Watch live streaming video from tele_varal at livestream.com

27 de out. de 2010

2ª Xornada o 31 de outubro no pavillón do Cristo (Mugardos)

Bezoucos. A segunda xeira da liga de billa na comarca de Ferrolterra prevista para o vindeiro domingo 31 de outubro de 2010 desenvolverase en cuberto ante as previsións meteorolóxicas que ameazan choivas a fortes choivas. Xa di o neorrefrán: Val máis billar por enxoito que por mollado.
O lugar escollido nas terras do Festifolk localízase na Rúa Cristo s/n de Mugardos. O pavillón do Cristo agardará a chegada dos palanadores/as de todos os puntos da terra a partir das 11.30 h.
Emoción da boa para seguir puntuando na liga nova!!
Atent@s ao blog e non esquenzades inscribirvos e participar!
Prégase puntualidade!