29 de nov de 2010

Daniel dos Roteiros consegue a vitoria na 3ª Xeira

Ares.- Con neve a 200 m nos cómaros de Bezoucos mais sen callar, a competición deportiva de palanadores/as na terceira xeira da franquía baixou ás mariñas baixas da terra. A clasificación quedou do seguinte xeito:
CLASIFIC FINAL 3ªX
1º Daniel Roteiros
2º David FestifolkT
3º Xosé Bateas
4º Xan Bateas
O duelo entre Daniel -Norleste- e a nova promesa David -Bezouqueira, despois de eliminar a Xan- levou por pouco o máximo galardón -que se está a preparar na feitoría- a prol do capitán dos Roteiros. Nesta xeira, o mesmo Daniel conseguiu un novo varado, pero seguindo Kiko como primeiro da tempada. Os Rodiños tiveron unha igualada loita polo terceiro e cuarto posto que rematou coa vitoria de Xosé sobre Xan.
A clasificación xeral individual volve dar voltas importantes coa forte gabeada de David de Festifolk Tamén para o terceiro posto desprazando a Ramón de EqA, mentres Xosé Rodiño ameaza o liderado de Xan na cabeza da táboa. Pablo de APC e David de FLT botaron dos seis primeiros clasificados a Luís de Bateas e a Manel Cernadas. Continúa todo nun pano de cara á seguinte xornada.
Na xeral dos equipos deuse unha volta no segundo e terceiro postos ao superar Festifolk a Os Cernadas. Continúa de lider o equipo dos Bateas, pero ollo porque chega un terbón coriscón: Os Roteiros póñense de penúltimos nunha soa xornada.
As clasificacións, grazas á colaboración na preinscición dos palanadores/as e mais á informatización dos procesos con ferramenta feita na LNB xa se puñeron dende o mesmo día no apartado deste blog.
Vídeo das finais
Atentos hoxe a Gz en varados!!

22 de nov de 2010

3ª Xornada o 28 de novembro no pavillón do CPI Conde de Fenosa

Bezoucos. A terceira xeira da liga de billa na comarca de Ferrolterra prevista para o vindeiro domingo 28 de novembro de 2010 desenvolverase ao enxoito ante a meteoroloxía cambiante e adversa deste mes de defuntos. Aplicamos unha vez máis o neorrefrán: Val máis billar por enxoito que por mollado.
O lugar escollido localízase no CPI Conde de Fenosa de Ares. O pavillón do colexio recibirá a chegada dos palanadores/as de todos os puntos da terra a partir das 10.00 h cunha sesión de billascola ata as 11.30 h, momento en que se abrirá o prazo de inscrición na pista e comezará da xornada oficial ás 12.00 h. Prégase puntualidade!
A seguir puntuando na liga as opcións de clasificación para Compostela seguen todas derriba da mesa!!
Atent@s ao blog e non esquenzades preinscribirvos!