31 de out. de 2010

Luís de Bateas gaña na segunda xornada da Conferencia Bezouqueira

Mugardos.- A loita de palanadores/as na segunda xeira da franquía do norte da Coruña deu lugar á seguinte clasificación:
CLASIFIC FINAL 2ªX
1º Luís Bateas
2º Miro
3º Iago
4º Ana L

A final foi un duelo entre Bateas e Os Cernadas e rematou co máximo galardón a prol dos Bateas. Nesta xeira Kiko, do Festifolk, estreou o primeiro varado da tempada coa súa primeira carreira, ao que non se fixo agardar unha resposta de Xosé Rodiño que lle empatou na clasificación de varados minutos despois.
Atención á clasificación xeral individual onde se produciron mudanzas importantes como por exemplo a forte gabeada de Ramón Anido para o terceiro posto, mentres aínda quedan, sen ameazas inmediatas, os irmáns Rodiño na cabeza da táboa. Na xeral dos equipos deuse unha volta no segundo e terceiro postos ao recuperárense Os Cernadas grazas ás boas posicións de Miro e Iago pero seguidos moi de preto polo non menor agapeo do Festifolk, liderado polo palanador Fran Anido.
Atentos entre mañá e o luns martes aos comentarios no programa Gz-Varados de Tele_varal, que podedes ver no lado dereito deste blog (Live). Así mesmo, resultou un orgullo para a nova franquía bezouqueira acoller a retransmisión en vivo e en directo da xeira no pavillón do Cristo de Mugardos para todo o mundo mundial a través da canle Tele_varal na Rede, velaí vai a gravación:

Watch live streaming video from tele_varal at livestream.com

27 de out. de 2010

2ª Xornada o 31 de outubro no pavillón do Cristo (Mugardos)

Bezoucos. A segunda xeira da liga de billa na comarca de Ferrolterra prevista para o vindeiro domingo 31 de outubro de 2010 desenvolverase en cuberto ante as previsións meteorolóxicas que ameazan choivas a fortes choivas. Xa di o neorrefrán: Val máis billar por enxoito que por mollado.
O lugar escollido nas terras do Festifolk localízase na Rúa Cristo s/n de Mugardos. O pavillón do Cristo agardará a chegada dos palanadores/as de todos os puntos da terra a partir das 11.30 h.
Emoción da boa para seguir puntuando na liga nova!!
Atent@s ao blog e non esquenzades inscribirvos e participar!
Prégase puntualidade!

10 de out. de 2010

Entrevistas da 1ª xeira na canle Multimedia

Xa están dispoñibles as entrevistas da 1ª xeira na páxina de Multimedia do blog. Vaise achegando a seguinte xornada e imos quecendo motores...

2 de out. de 2010

Paula Vázquez Bezouqueira!!

De http://ovaral.blogspot.com/

E coa gran intensidade coa que a serpe multicor avanza por tódolos recunchos do planeta atopámonos con inesperados apoios de palanadoras que o foron pero que debecen por voltar a selo, coa gran rede internacional da LNB traballando sen descanso por medio do Varal recibimos a nova que a coñecida presentadora ferrolá, Paula Vazquez, mediante a súa intervención no programa "Mi vista preferida" declara que de nena practicaba a billa na súa casa de Brión xunto co seu irmán, e sen medidas de seguridade case queda sen un ollo. O documento nesta ligazón a partir do minuto 37.

Nun intre no que Paula camiña cara a unha irremediábel mutación Michael Jacknesca é case unha obriga por parte da nova conferencia bezouqueira tentar frear iste proceso mediante a inmediata incursión de Paula coma palanadora ou coma presentadora da referencial emisora RADIO BILLA..... Fame REVOLUTION!!