27 de set de 2010

Crónica da 1ª xornada 2010/2011

Ás11:30 da mañá comezou a quentar motores a Conferencia Bezouqueira cos máis madrugadores. Pero non sería ata a media hora de cortesía máis tarde cando arrancaba oficialmente a Primeira Xornada da Conferencia Bezouqueira de Ferrolterra, liga 2010/2011.
Na pista da Sociedade de Porto despegaban as primeiras billas a lume de carozo. Un billazo saíu polo fondo anunciaba que as forzas estaban listas para ser medidas no campo. Un total de 24 palanador@s, distribuídos en 7 equipos ghastaban pista e sudaban a camiseta baixo o sol de xustiza do veranciño de San Miguel.
Nenos, maiores, rapazas e..., non xa tan rapaces competiron nos campos de Porto acurtando distancias, nun día para a lembranza. O bon tempo acompañou, e a competición ardeu de entusiasmo, mesmo se habilitaron dúas pistas para axilizar o xogo e xa as billas non deixaron de tocar chan.
O finalistas absolutos da 1ª xornada. Pablo e Xan
Os ánimos dos comentaristas espectantes quentaban o ambiente. A emoción ía medrando a medida que se achegaban as finais entre os irmáns Rodiño e dous campións da terra bezouqueira: Pablo dos Apachaca e Dani do Festifolk-laranxa. Desputada final entre Xan Rodiño e Pablo que repetiron os empates ata unha terceira e última carreira de desempate, nervos e emoción ata o final que deixou como gañador a Xan Rodiño.
Chegou a hora do remate dúas horas despois do comezo de tan grandioso día billa para os anais da billa bezouqueira!

Clasificación da xornada


Nome
Xan RodiñoBAT
Pablo L.APA
Xosé RodiñoBAT
DavidFES
Consultas imprescindibles:

22 de set de 2010

1ª Xornada o 26 de setembro na CCRD de Porto (Cabanas)

Comeza a liga na comarca de Ferrolterra coa primeira xornada prevista para o vindeiro domingo 26 de setembro de 2010 ás 11.30 h.
Boas expectativas para un comezo que tiña que chegar!! Atent@s ao blog e non esquenzades inscribirvos e participar!

14 de set de 2010

Inscrición na liga 2010-2011. Tod@s a participar!!


Ábrense as inscricións da Conferencia bezouqueira de billa (CBB) ata o mércores 22 de setembro
Publicarase neste blog a lista provisoria de inscrit@s o 23 de setembro
A 1ª xornada establécese para o 26 de setembro pola mañá (lugar por decidir)
7 equipos e 30 xogador@s inscritos para a vindeira tempada!!!

1 de set de 2010

San Xoán, último aberto antes da apertura da primeira tempada en Ferrolterra



Esta fin de semana tedes a oportunidade de completar a vosa preparación de cara ao inminente comezo da primeira tempada na LNB-Conferencia bezouqueira.

Este sábado a partir das 17h no campo da festa de San Xoán de Piñeiro: I Aberto da Panceta e o criollo. A billa segue prendendo en Ferrolterra despois da chuvia de abertos de verán.
Todas as palanadoras e palanadores terán a súa cita no campo da festa, á procura da panceta que lamberá quen mellor lle atine.
A darñe duro!!