28 de mar de 2011

Rañón gaña o premio e Dasilva vence en puntos

Bezoucos. As terras de Ares foron testemuñas da entrada de Rañón, novo palanador dos Roteiros, que gañou a desputada final con Dasilva, compañeiro seu de equipo.
As clasificacións avanzan o dominio dos Bateas que xa gañan o trofeo de equipos e practicamente teñen na súa ma o título de individuais. Están en desputa o segundo posto da xeral individual e mais por equipos, que se decidirán na última xornada o vindeiro 24 de abril. Pola contra as categorías de cativ@s e feminina están abertas á última xornada.

23 de mar de 2011

6ª Xornada o 27 de marzo no pavillón do CPI Conde de Fenosa

Bezoucos. Achégase a semana da sexta e penúltima xeira da liga de billa na comarca do Eume prevista para o vindeiro domingo 27 de marzo de 2011.
Pasadas as coriscadas anteriores iremos ao enxoito, porque marzo marzolo, terbón e raiolo.
O espazo xa coñecido localízase no CPI Conde de Fenosa de Ares. O pavillón do colexio recibirá a chegada dos palanadores/as de todos os puntos da terra a partir das 11.00 h, momento en que se abrirá o prazo de inscrición na pista e comezará a xornada oficial ás 12.00 h. A puntualidade sempre presente!
As opcións de clasificación para Compostela estanse definindo!!
Atent@s ao blog e non esquenzades preinscribirvos!