Bezoucos. El estamos a unha semana da quinta xeira da liga de billa na comarca do Eume prevista para o vindeiro domingo 30 de xaneiro de 2011.
Outra coriscada que se aveciña no cabo de mes e iremos ao enxoito.
O espazo escollido localízase no CPI Conde de Fenosa de Ares. O pavillón do colexio recibirá a chegada dos palanadores/as de todos os puntos da terra a partir das 11.00 h, momento en que se abrirá o prazo de inscrición na pista e comezará a xornada oficial ás 12.00 h. A puntualidade sempre presente!

As opcións de clasificación para Compostela están abertas!!
Atent@s ao blog e non esquenzades preinscribirvos!
A suma dos puntos dos Roteiros na derradeira xornada (si os puntos de cada quen son correctos)esta mal, son 77 puntos e non 72, polo que no total deben figurar con 5 puntos mais.Saudos
ResponderExcluirGrazas pola observación, ten en conta as normas aplicadas:
ResponderExcluirSistema de equipos
Os equipos contarán cun mínimo de 4 xogadores e un máximo de 6. O recomendable de cara á participación nos play-offs é que sexan 6. Non é necesario que xoguen todos en cada torneo: poden xogar os que queiran, pero só puntuarán os 4 mellores na xornada. A puntuación deses catro mellores computaráselle ao equipo nunha xornada. Na clasificación xeral por equipos, sumaranse os puntos conseguidos por cada equipo en cada xornada.