Bezoucos. A terceira xeira da liga de billa na comarca de Ferrolterra prevista para o vindeiro domingo 28 de novembro de 2010 desenvolverase ao enxoito ante a meteoroloxía cambiante e adversa deste mes de defuntos. Aplicamos unha vez máis o neorrefrán: Val máis billar por enxoito que por mollado.
O lugar escollido localízase no CPI Conde de Fenosa de Ares. O pavillón do colexio recibirá a chegada dos palanadores/as de todos os puntos da terra a partir das 10.00 h cunha sesión de billascola ata as 11.30 h, momento en que se abrirá o prazo de inscrición na pista e comezará da xornada oficial ás 12.00 h. Prégase puntualidade!
A seguir puntuando na liga as opcións de clasificación para Compostela seguen todas derriba da mesa!!
Atent@s ao blog e non esquenzades preinscribirvos!
Nenhum comentário:
Postar um comentário