Na pista da Sociedade de Porto despegaban as primeiras billas a lume de carozo. Un billazo saíu polo fondo anunciaba que as forzas estaban listas para ser medidas no campo. Un total de 24 palanador@s, distribuídos en 7 equipos ghastaban pista e sudaban a camiseta baixo o sol de xustiza do veranciño de San Miguel.
Nenos, maiores, rapazas e..., non xa tan rapaces competiron nos campos de Porto acurtando distancias, nun día para a lembranza. O bon tempo acompañou, e a competición ardeu de entusiasmo, mesmo se habilitaron dúas pistas para axilizar o xogo e xa as billas non deixaron de tocar chan.
Os ánimos dos comentaristas espectantes quentaban o ambiente. A emoción ía medrando a medida que se achegaban as finais entre os irmáns Rodiño e dous campións da terra bezouqueira: Pablo dos Apachaca e Dani do Festifolk-laranxa. Desputada final entre Xan Rodiño e Pablo que repetiron os empates ata unha terceira e última carreira de desempate, nervos e emoción ata o final que deixou como gañador a Xan Rodiño.
Chegou a hora do remate dúas horas despois do comezo de tan grandioso día billa para os anais da billa bezouqueira!
Clasificación da xornada
Nome | ||||
1º | Xan Rodiño | BAT | ||
2º | Pablo L. | APA | ||
3º | Xosé Rodiño | BAT | ||
4º | David | FES | ||
Consultas imprescindibles:
Nenhum comentário:
Postar um comentário