Bezoucos.- As clasificacións para participar en Conxo son a seguintes
I
27 de mai. de 2011
19 de abr. de 2011
7ª Xornada o 24 de abril no na SCRD de San Xoán
Bezoucos. Achégase a última xeira da liga de billa na comarca do Eume prevista para o vindeiro domingo 24 de abril de 2011.
Con auga á vista teremos abertas as opcións para ir ao enxoito no pavillón do Cristo. Xa di o refrán: abril quente e mollado, carga o carro e enche o gado.
O espazo xa coñecido localízase na pista da Sociedade mugardesa de San Xoán. A pista do Casino recibirá a chegada dos palanadores/as de todos os puntos da terra a partir das 11.00 h, momento en que se abrirá o prazo de inscrición na pista e comezará a xornada oficial ás 12.00 h. A puntualidade sempre presente!

A clasificación para Compostela está desputadísima!!
Atent@s ao blog e non esquenzades preinscribirvos!
28 de mar. de 2011
Rañón gaña o premio e Dasilva vence en puntos
Bezoucos. As terras de Ares foron testemuñas da entrada de Rañón, novo palanador dos Roteiros, que gañou a desputada final con Dasilva, compañeiro seu de equipo.
As clasificacións avanzan o dominio dos Bateas que xa gañan o trofeo de equipos e practicamente teñen na súa ma o título de individuais. Están en desputa o segundo posto da xeral individual e mais por equipos, que se decidirán na última xornada o vindeiro 24 de abril. Pola contra as categorías de cativ@s e feminina están abertas á última xornada.
23 de mar. de 2011
6ª Xornada o 27 de marzo no pavillón do CPI Conde de Fenosa
Bezoucos. Achégase a semana da sexta e penúltima xeira da liga de billa na comarca do Eume prevista para o vindeiro domingo 27 de marzo de 2011.
Pasadas as coriscadas anteriores iremos ao enxoito, porque marzo marzolo, terbón e raiolo.
O espazo xa coñecido localízase no CPI Conde de Fenosa de Ares. O pavillón do colexio recibirá a chegada dos palanadores/as de todos os puntos da terra a partir das 11.00 h, momento en que se abrirá o prazo de inscrición na pista e comezará a xornada oficial ás 12.00 h. A puntualidade sempre presente!

As opcións de clasificación para Compostela estanse definindo!!
Atent@s ao blog e non esquenzades preinscribirvos!
16 de fev. de 2011
Aberto das estrelas o 26 de febreiro en Porto (Cabanas)
Bezoucos. O sábado 26 de febreiro celebrarase o All-Stars da Billa-RDA en Cabanas. O lugar escollido correspóndese coa ampla pista da SCDR de Porto.
A cántiga que presidirá o evento do mundo mundial será a seguinte:Achégase con tronos e centellas
o Aberto das estrelas.
Se non gustas dos pescuños
has papar os seus rabuños
Antes do antroido empezar
a cachola hai que gañar.
Sábado 26 de febreiro SCRD de Porto (Cabanas)
11:30 h>> Concurso de tripas e habilidades
12:30 h>> Concurso de longa distancia
13:00 h>> Concurso de Mates
13:45 h >> Galicola / Sesion vermú con dj bezouqueiro + actuación de Ilegível (durará 10 minutos como moito).
14:45 h >> Xantar de irmandade na Lareira, O Pereiro-Laraxe
16:30>> ABERTO DAS ESTRELAS - BILLA-RDA ALL STARS 2011
PREMIOS HISTÓRICOS
- Campión de triplas e campión de longa distancia: bandexiña de rabos de proco para cada un
- Campión de mates : bandexiña de uñas de porco
- Campión do Abero das estrelas: cachucha de porco
11 de fev. de 2011
Mañá sábado 12 adestramento na Polideportiva de San Xoán de Piñeiro
O vindeiro sabado día 12 a partir das 17h adestramento de billa na polideportiva de San Xoan de Piñeiro xunto ao local social. Vai chegando o All Stars...
5 de fev. de 2011
Gañoulle Saavedra a Casado na V xornada en Ares
Bezoucos.- O excelente resumo da xornada achegado polo Tele-Varal, coidado coas billas que chega o Estrelas-Total.
Assinar:
Postagens (Atom)