23 de mar. de 2011

6ª Xornada o 27 de marzo no pavillón do CPI Conde de Fenosa

Bezoucos. Achégase a semana da sexta e penúltima xeira da liga de billa na comarca do Eume prevista para o vindeiro domingo 27 de marzo de 2011.
Pasadas as coriscadas anteriores iremos ao enxoito, porque marzo marzolo, terbón e raiolo.
O espazo xa coñecido localízase no CPI Conde de Fenosa de Ares. O pavillón do colexio recibirá a chegada dos palanadores/as de todos os puntos da terra a partir das 11.00 h, momento en que se abrirá o prazo de inscrición na pista e comezará a xornada oficial ás 12.00 h. A puntualidade sempre presente!
As opcións de clasificación para Compostela estanse definindo!!
Atent@s ao blog e non esquenzades preinscribirvos!

16 de fev. de 2011

Aberto das estrelas o 26 de febreiro en Porto (Cabanas)

Bezoucos. O sábado 26 de febreiro celebrarase o All-Stars da Billa-RDA en Cabanas. O lugar escollido correspóndese coa ampla pista da SCDR de Porto.
A cántiga que presidirá o evento do mundo mundial será a seguinte:
Achégase con tronos e centellas
o Aberto das estrelas.
Se non gustas dos pescuños
has papar os seus rabuños
Antes do antroido empezar
a cachola hai que gañar.

O programa da xornada sería:

Sábado 26 de febreiro SCRD de Porto (Cabanas)


11:30 h>> Concurso de tripas e habilidades

12:30 h>> Concurso de longa distancia

13:00 h>> Concurso de Mates

13:45 h >> Galicola / Sesion vermú con dj bezouqueiro + actuación de Ilegível (durará 10 minutos como moito).

14:45 h >> Xantar de irmandade na Lareira, O Pereiro-Laraxe

16:30>> ABERTO DAS ESTRELAS - BILLA-RDA ALL STARS 2011

PREMIOS HISTÓRICOS

- Campión de triplas e campión de longa distancia: bandexiña de rabos de proco para cada un

- Campión de mates : bandexiña de uñas de porco

- Campión do Abero das estrelas: cachucha de porco

11 de fev. de 2011

Mañá sábado 12 adestramento na Polideportiva de San Xoán de Piñeiro

O vindeiro sabado día 12 a partir das 17h adestramento de billa na polideportiva de San Xoan de Piñeiro xunto ao local social. Vai chegando o All Stars...

5 de fev. de 2011

Gañoulle Saavedra a Casado na V xornada en Ares

Bezoucos.- O excelente resumo da xornada achegado polo Tele-Varal, coidado coas billas que chega o Estrelas-Total.

23 de jan. de 2011

5ª Xornada o 30 de xaneiro no pavillón do CPI Conde de Fenosa

Bezoucos. El estamos a unha semana da quinta xeira da liga de billa na comarca do Eume prevista para o vindeiro domingo 30 de xaneiro de 2011.
Outra coriscada que se aveciña no cabo de mes e iremos ao enxoito.
O espazo escollido localízase no CPI Conde de Fenosa de Ares. O pavillón do colexio recibirá a chegada dos palanadores/as de todos os puntos da terra a partir das 11.00 h, momento en que se abrirá o prazo de inscrición na pista e comezará a xornada oficial ás 12.00 h. A puntualidade sempre presente!
As opcións de clasificación para Compostela están abertas!!
Atent@s ao blog e non esquenzades preinscribirvos!



22 de jan. de 2011

Un palanador local gañou na IV Xornada

As terras da Capela foron propicias para que un palanador local se fixese co primeiro posto da competición. Á cuarta foi a vencida e Xosé Manuel acadou o podio na clasificación da IV Xornada da CBB. Isto vai animar aos palanadores locais a prepararse de cara á xornada do día 30 no Conde de Fenosa de Ares. Atentos ás clasificacións porque están ben apertadas.

14 de dez. de 2010

4ª Xornada o 19 de decembro na Capela

Bezoucos. E vén chegando a cuarta xeira da liga de billa na comarca de Ferrolterra prevista para o vindeiro domingo 19 de decembro de 2010.
Ante a coriscada que se aveciña no medio deste mes do nadal, desenvolverase ao enxoitoCanto máis se guinda a billa, máis xía.
O espazo escollido localízase no CEIP Mosteiro de Caaveiro da Capela. O pavillón do colexio recibirá coas mas abertas os palanadores/as de todos os puntos da terra a partir das 11.00 h, momento en que se abrirá o prazo de inscrición na pista e comezará a xornada oficial ás 12.00 h. Prégase puntualidade!
As opcións de clasificación para Compostela mudan dunha xornada para outra!!
Atent@s ao blog e non esquenzades preinscribirvos!