23 de jan. de 2011

5ª Xornada o 30 de xaneiro no pavillón do CPI Conde de Fenosa

Bezoucos. El estamos a unha semana da quinta xeira da liga de billa na comarca do Eume prevista para o vindeiro domingo 30 de xaneiro de 2011.
Outra coriscada que se aveciña no cabo de mes e iremos ao enxoito.
O espazo escollido localízase no CPI Conde de Fenosa de Ares. O pavillón do colexio recibirá a chegada dos palanadores/as de todos os puntos da terra a partir das 11.00 h, momento en que se abrirá o prazo de inscrición na pista e comezará a xornada oficial ás 12.00 h. A puntualidade sempre presente!
As opcións de clasificación para Compostela están abertas!!
Atent@s ao blog e non esquenzades preinscribirvos!



22 de jan. de 2011

Un palanador local gañou na IV Xornada

As terras da Capela foron propicias para que un palanador local se fixese co primeiro posto da competición. Á cuarta foi a vencida e Xosé Manuel acadou o podio na clasificación da IV Xornada da CBB. Isto vai animar aos palanadores locais a prepararse de cara á xornada do día 30 no Conde de Fenosa de Ares. Atentos ás clasificacións porque están ben apertadas.