FORMATO ABREVIADO DAS REGRAS DE XOGO
Fundamento do xogo
O xogo consiste en tratar de chegar coa billa ata o varal antes ca o teu contrincante, utilizando para isto golpes co marro ou palán na billa, logo de levantala do chan e batela posteriormente no aire para encamiñala cara ao varal.
Normas do xogo
O xogo realízase nun campo de forma rectangular e cunhas medidas de 50 metros de longo por 20 metros de ancho. O campo ten marcado as súa medidas cunha raia que une os puntos todos. Ó mesmo tempo no fondal dos 20 metros haberá marcado no centro un cuadrado de 60 cm X 60 cm denominado zona de saque. Na cabeceira estará marcado o varal cunha medida de 3,60 metros de lonxitude. O varal non posúe longueiro polo que prolongaremos a liña imaxinaria dos postes.
As medidas anteriores adaptaranse en cada caso ás condicións do terreo no que vaiamos xogar.
Tendo o campo marcado comezamos a xogar.
Xogamos
Os/as palanadores/as situaranse na zona de saque, cada un co seu palán e mais coa súa billa. A orde de lanzamento será alternativa.
O primeiro palanador sitúa a súa billa no chan e sobre a zona de saque. Co marro suxeitado coa man temos que golpear a billa nun dos seus extremos para que esta brinque ao aire e así poder baterlle de novo sen que caia ao chan. No lanzamento trataremos de que a billa colla a dirección do varal. Cada xogador/a só ten unha opción de calibás válida, polo cal se o xogador bate a billa no chan e esta non se ergue, cosidérase opción de tiro, polo que pasa a vez ao contrincante. Se a billa se ergue do chan pero non a batemos no aire, sucede o mesmo, pasa a vez ao contrario. Calquera situación na que a billa é tocada polo palán, está considerada como lanzamento, tanto se é un bo lance, coma se é malo. A billa nunca se pode bater desde que toque no chan despois de ser erguida, pero mentres que non o toque, podémola bater no aire tantas veces como a nosa habilidade nolo permita.
No primeiro lanzamento o xogador pode chegar a conseguir introducir a billa no varal, acción que se denomina varado. Se isto sucede o seu contrario tería que facer a mesma xogada para empatar a partida, se non a partida xa ten gañador. Se o primeiro lanzamento non consegue ser varado, o palanador fai o seguinte lanzamento dende o sitio que a billa se detén despois de ser arrebolada. Está prohibido mover, parar ou desviar a billa adrede mentres está arolando. Se este mesmo lanzamento, ou calquera outro, sae por fóra da pista de xogo o seguinte faise dende o punto da liña por onde a billa se bote fóra, denominada esta acción saque de banda. Só podemos sacar de banda cando a billa despois de ser lanzada toca polo menos unha vez dentro da pista, porque se o lanzamento sae fóra directamente, vólvese ao sitio de onde lanzamos. Se o lance sae pola liña de fondo, a billa volve situarse no mesmo sitio.
No caso de que unha billa cae ou para xusto na liña de banda ou na liña de varal, só se considera que está fóra cando a billa supera por completo a liña, tendo que estar todo o corpo da billa do outro lado.
Como xa dixemos, a orde de tiro é alternativa, e gaña a partida aquel xogador que consegue meter a billa por entre o varal antes ca o seu contrincante, usando sempre o mesmo número de veces ámbolos dous palanadores. Pode darse o caso de que unha partida quede en empate, sempre que no mesmo número de golpes os palanadores metan as suas billas no varal.
Na LNB á billa xógase de forma individual, pero os xogadores poden agruparse en equipos. Non é necesario ter equipo nin acudir a todos os torneos para participar nun, e calquera se pode anotar.
Os participantes de cada torneo divídense en grupos de clasificación de número de xogadores variable, pero preferentemente de 5 a 6 xogadores. Para a formación dos grupos empregarase un sistema aleatorio, sen cabezas de serie. Clasifícanse os dous primeiros de cada grupo e seguirán os cruzamentos. Para facer cadrar os grupos de cara aos cruzamentos poden clasificarse 2 ou 3 de cada grupo, segundo o número de xogadores que participen na xornada. Esta decisión tomarase en cada xornada en concreto co obxectivo de lograr que en oitavos de final só fiquen 16 xogadores. A partir de aí, desenvolverase o torneo por sistema de eliminatorias.
Procurarase que haxa un xuíz de mesa que anote as puntuacións e realice o sorteo para os grupos. Unha vez feito o sorteo, non se admitirá a ninguén máis. Tamén haberá dous árbitros en cada cancha de xogo.
O palán deberá ir suxeito ó pulso por unha cincha de seguridade e recoméndase o uso de gafas protectoras.
As medidas do palán e da billarda, deberán ser reglamentarias.
En cada xornada cada participante deberá abonar 2,00 € que se destinarán a trofeos e outros gastos xerais.
Sistema de puntuación
Polo só feito de participar, cada palanador acadará un punto que se sumará aos que consiga na fase de grupos.
As puntuacións en grupos de cinco seran: 5-4-3-2-1.
Os puntos de cada xogador na xornada serán a suma de tódolos acadados nas carreiras.
Ao campión engadiránselle 2 puntos máis á puntuación que acade.
Clasificación da LNB Bezouqueira
En total xogaranse 7 xornadas. Os puntos que un palanador consegue en cada xornada vanse sumando para a súa clasificación individual. Gañará a liga aquel que teña mellor puntuación segundo a seguinte:
- Gañador/a da LNB Conferencia Bezouqueira
- Gañadora feminina (só no caso de que non coincida co gañador/a absoluto/a)
- Gañador/a de varados
- Equipo gañador
Os mellores xogadores, os mellores en varados e o mellor equipo participarán nos Play-Offs finais, nos que se enfrontarán cos gañadores das conferencias Noroeste, Norleste, Centro e Sur para loitar polo campionato da Liga Nacional de Billarda.
Sistema de equipos
Os equipos contarán cun mínimo de 4 xogadores e un máximo de 6. O recomendable de cara á participación nos play-offs é que sexan 6. Non é necesario que xoguen todos en cada torneo: poden xogar os que queiran, pero só puntuarán os 4 mellores na xornada. A puntuación deses catro mellores computaráselle ao equipo nunha xornada. Na clasificación xeral por equipos, sumaranse os puntos conseguidos por cada equipo en cada xornada.
Pódese participar nas xornadas sen ter equipo, e pode facerse un equipo só para unha xornada. Ao longo da liga pódense incorporar novas fichaxes a cada equipo, ou facer cambios se hai baixas.
Ao final da liga controlarase que non se fagan cambios de xogadores coa finalidade de alterar o resultado.

*****
DESENVOLVEMENTO DOS TORNEOS DA LNB BEZOUQUEIRA (Borrador)Na LNB á billa xógase de forma individual, pero os xogadores poden agruparse en equipos. Non é necesario ter equipo nin acudir a todos os torneos para participar nun, e calquera se pode anotar.