2 de jun. de 2011

Chegan os Abertos do verán: O Pote e Festifolk

Bezoucos. Achégase o bon tempo e comezamos a achegarnos ós abertos de billa do verán. A primeira estrea será en Maniños, na churrascada que organiza a comisión de festas da parroquia fenesa. Unha oportunidade para achegarnos ó Pote e gozar das súas excelentes instalacións para practicar o noso deporte favorito.
O espazo xa coñecido polos afeccionados e palanadores localízase na pista da Sociedade O Pote de Maniños. A partir das 17.00 h, logo dunha churrascada antolóxica haberá billas polo aire nas terras bezouqueiras! 
Ademais, o vindeiro 18 de xuño teremos na pista do Casino un novo Aberto do Festifolk! Máis novas nas vindeiras datas.